A área metropolitana de Pamplona (en éuscaro: Iruñerria) é un núcleo urbano que se estende arredor da cidade de Pamplona, a capital da Comunidade Foral de Navarra, e está delimitada polo ámbito xeográfico da Cuenca de Pamplona.
Está formada polos concellos de: Antsoain, Aranguren (Mutiloa), Barañain, Beriain, Berriobeiti (Aitzoain, Berriogoiti, Berriobeiti e Artika), Berriozar, Burlata, Zizur Zendea, Eguesibar (Olatz Txipia, Sarriguren e Gorraitz), Etxauri, Ezkabarte (Arre e Orikain), Galar (Cordobilla), Uharte, Txulapain, Noain (só Noain), Olaibar, Oltza Zendea, Orkoien, Pamplona, Tiebas-Muru Artederreta, Atarrabia, Zabaltza e Zizur Nagusia.[1]
A súa poboación no 2010 era de 348 753 habitantes, cunha superficie de 488,6 km², o que supón unha densidade de 685,28 hab/km².[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas