Ángel Manuel Mato Escalona, nado en 1971 en Ferrol, é un político galego, alcalde de Ferrol entre 2019 e 2023.
Traxectoria
Licenciouse en ciencias químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e foi xefe de seguridade e prevención de riscos laborais en varias empresas privadas. Militante do PSdeG, foi concelleiro de Urbanismo de Ferrol entre 2007 e 2011 e senador de 2016 a 2019.
Nas eleccións municipais de 2019 foi candidato á alcaldía ferrolá polo PSdeG.[1] O seu partido foi a segunda forza máis votada, con 8 concelleiros, 3 máis que na anterior lexislatura e por detrás do PPdeG que obtivo 12. Non obstante, Ángel Mato foi investido alcalde de Ferrol o 15 de xuño de 2019 grazas ao apoio dos tres concelleiros de Ferrol en Común e os dous do BNG.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos