Alejandro Cerdá Agulló, coñecido como Álex Cerdá, nado en Alcoi o 29 de xaneiro de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Real Unión, da Primeira División RFEF, cedido polo Atlético Levante.
Traxectoria
Formouse como futbolista na canteira do Levante, ao que chegou con 11 anos procedente do Alcoyano.[1] Debutou co filial do club, o Atlético Levante, durante a tempada 2020/21, na Segunda División B. Xogou no filial ata o verán de 2023, cando saíu cedido ao Real Unión, da Primeira División RFEF.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas